Clostridium acetobutylicum
Clostridium acetobutylicum | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
Clostridium acetobutylicum, ATCC 824, é unha bacteria dispoñible comercialmente, ás veces chamada "organismo de Weizmann", polo nome do xudeu nacido en Rusia Chaim Weizmann. Cando era profesor na Universidade de Manchester, Inglaterra utilizou este organismo en 1916 como ferramenta bioquímica para producir ao mesmo tempo, conxuntamente, acetona, etanol e butanol a partir de amidón. O método foi descrito desde entón como o proceso ABE (proceso de fermentación Acetona Butanol Etanol), que rende 3 partes de acetona, 6 de butanol e 1 de etanol. A acetona foi utilizada na importante tarefa en tempos de guerra de producir cordita. Os alcohois foron utilizados para producir combustibles para vehículos e caucho sintético.
A diferenza dos lévedos, que só poden dixerir azucre dando etanol e dióxido de carbono, C. acetobutylicum e outros Clostridia poden dixerir soro lácteo, azucre, amidón, celulosa e quizais certos tipos de lignina, rendendo butanol, ácido propiónico, éter e glicerina.
En enxeñaría xenética
[editar | editar a fonte]En 2008, unha cepa de Escherichia coli foi sometida a enxeñaría xenética para que sintetizase butanol, e os xenes que se utilizaron procedían de Clostridium acetobutylicum.[1][2] En 2013, informouse da primeira produción microbiana de alcanos de cadea curta,[3] o cal foi un importante paso adiante para a produción de gasolina. Un dos enzimas cruciais, unha acilo graxo-CoA redutase, procedía de Clostridium acetobutylicum.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ M. Goho, Alexandra (2008-01-16). "Better Bugs for Making Butanol". MIT Technology Review.
- ↑ Atsumi, S.; Hanai, T.; Liao, JC. (Jan 2008). "Non-fermentative pathways for synthesis of branched-chain higher alcohols as biofuels.". Nature 451 (7174): 86–9. Bibcode:2008Natur.451...86A. PMID 18172501. doi:10.1038/nature06450.
- ↑ Choi, YJ.; Lee, SY. (Oct 2013). "Microbial production of short-chain alkanes.". Nature 502 (7472): 571–4. Bibcode:2013Natur.502..571C. PMID 24077097. doi:10.1038/nature12536.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Nölling J, Breton G, Omelchenko MV, et al. (agosto de 2001). "Genome sequence and comparative analysis of the solvent-producing bacterium Clostridium acetobutylicum". J. Bacteriol. 183 (16): 4823–38. PMC 99537. PMID 11466286. doi:10.1128/JB.183.16.4823-4838.2001.
- Driessen AJ, Ubbink-Kok T, Konings WN (febreiro de 1988). "Amino acid transport by membrane vesicles of an obligate anaerobic bacterium, Clostridium acetobutylicum". J. Bacteriol. 170 (2): 817–20. PMC 210727. PMID 2828326. doi:10.1128/jb.170.2.817-820.1988.
- Zappe H, Jones WA, Jones DT, Woods DR (maio de 1988). "Structure of an endo-beta-1,4-glucanase gene from Clostridium acetobutylicum P262 showing homology with endoglucanase genes from Bacillus spp". Appl. Environ. Microbiol. 54 (5): 1289–92. PMC 202643. PMID 3389820.
- Bowles LK, Ellefson WL (novembro de 1985). "Effects of butanol on Clostridium acetobutylicum". Appl. Environ. Microbiol. 50 (5): 1165–70. PMC 238718. PMID 2868690.
- Patente US 1875536 Arquivado 28 de maio de 2020 en Wayback Machine.
- Patente US 1315585 Arquivado 28 de maio de 2020 en Wayback Machine.
- Weber, Christian; Farwick, Alexander; Benisch, Feline; Brat, Dawid; Dietz, Heiko; Subtil, Thorsten; Boles, Eckhard (10 de xuño de 2010). "Trends and challenges in the microbial production of lignocellulosic bioalcohol fuels". Applied Microbiology and Biotechnology 87 (4): 1303–1315. ISSN 0175-7598. PMID 20535464. doi:10.1007/s00253-010-2707-z.
- Jones, DT; Woods, DR (1986). "Acetone-butanol fermentation revisited". Microbiological Reviews 50 (4): 484–524. PMC 373084. PMID 3540574.
- Bartha, Ronald M. Atlas & Richard (1993). Microbial ecology : fundamentals and applications (3rd ed.). Redwood City, Calif.: Benjamin/Cummings Pub. Co. p. 563. ISBN 978-0-8053-0653-8.
- Microbial Processes: Promising Technologies for Developing Countries. Washington: National Academy of Sciences. 1979. ISBN 978-0-309-57050-3. doi:10.17226/9544. Consultado o 10 de maio de 2011.
- Wong Kromhout, Wileen (2011-03-16). "UCLA researchers engineer E. coli to produce record-setting amounts of alternative fuel". UCLA Newsroom. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2015. Consultado o 09 de outubro de 2019.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Organismo da referencia ATCC 824 C. acetobutylicum.Arquivado 18 de marzo de 2012 en Wayback Machine.
- findarticles.com: Bacteria speeds drug to tumors - use of Clostridium acetobutylicum enzyme to activate cancer drug CB 1954.
- EPA Clostridium acetobutylicum Final Risk Assessment
- Genetic Engineering of Clostridium acetobutylicum for Enhanced Production of Hydrogen Gas: Penn State University.
- Recurso Pathema-Clostridium
- Chaim Weizmann
- Type strain of Clostridium acetobutylicum en BacDive - the Bacterial Diversity Metadatabase